Cruceiro de María Dis

Cruceiro de María Dis - Rianxo - Santa Baia do Araño

Imaxe: Celso Suárez

Cruceiro situado no cruce de camiños que vai aos Lemos, sobre a estrada AC-305, xunto a unha Fonte de María Dis. Plataforma de tres chanzos e base de sección cadrada, con molduras e inscrición nun lateral, co ano de construción do cruceiro (1772). Fuste octogonal e remate de sección cadrada sobre a base. Capitel adornado con anxos e volutas nas esquinas. Cruz de sección hexagonal cun Cristo crucificado con coroa de espiñas, no anverso, cartela de INRI, e unha Virxe en actitude de orar sobre peaña de anxo con ás, no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER010
  • Outras denominacións: Cruceiro de María Diz
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1772
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Baia do Araño
  • Lugar: Os Xens
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-010)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro do Cabo

Cruz de Fachán

Cruceiro da Regalada

Cruceiro da Mámoa