Cruceiro da Mámoa

Cruceiro da Mámoa - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Cruceiro de granito situado á beira do camiño inferior que comunica os lugares da Mámoa e Suigrexa. Plataforma de tres chanzos e base prismática con molduras no corpo superior. Fuste de sección cadrada con relevos lonxitudinais nas frontes. Capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas, rostros de querubíns e motivos vexetais, sobre o que apoia unha cruz circular, de aspecto leñoso cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER025
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1905
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: A Mámoa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-025)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Vistas

Cruceiro da Agra de Boreiros

Cruceiro de Outeiro

Cruceiro de Agrelo