Busca
Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Muíño de vento de planta circular e muros de cachotaría. Os abanos deste muíño non terían sido fixos como outros da zona, senón que tería unha cuberta móbil cónica, cun armazón xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a dirección do vento. O movemento transmitiríase a un eixo e a unha ou dúas pedras de moer.
…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Porto no lugar de Abuín onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse.
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Porto no lugar de Sobrido, na Enseada do Pico. Aínda que empregado como porto para pequenas embarcacións, a tipoloxía dos muros poderían indicar que no pasado tivo un uso de viveiro, salina ou alfolín.
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Na contorna frondosa da Punta do Agriño, ao abrigo dos ventos na entrada da Enseada de Rial, localízase o embarcadoiro de Rañó. Este pequeno complexo atópase composto por unha rampla de gran envergadura, construída en pedra de granito e…
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Porto no lugar de Rial onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse. Chégase cruzando a Ponte de Rial, ao carón do Muíño de Lodeiros, xa na desembocadura do río do Mar ou rego de Rial no Ulla.…
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Muíño de vento no Monte Beiro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Pequena fortificación emprazada nun rechán no alto do Monte Pico do Porto. O castelo fai a divisoria entre os municipios de Dodro e Rois. Consiste nunha plataforma duns 24 metros de diámetro, elevada artificialmente sobre o terreo circundante a base de terra e usando, posiblemente, pedras para a contención da terra. A plataforma é circular e presenta unha pequena elevación nos bordes que pode suxerir a existencia dunha muralla ou unha estacada moi destruída na actualidade…
Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía
A mámoa esta moi preto do límite dos concellos de Dodro e Rois, na aldea da Chisca. Ten uns 20 metros de diámetro e 3 ou 4 metros de altura, con cono de violación. Estaría aquí o famoso tesouro do Campo da Chisca, que segundo di a lenda, aparecería cando pasara un rabaño de ovellas, e unha delas cunha pata tocaría nunha pedra e o atoparía.
Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía
Petróglifo descuberto no 2015, formado por círculos concéntricos e con cazoliñas no centro destes, sobre unha rocha nas inmediacións da aldea da Devesa, no lugar de Viachán. Ten certas semellanzas cun labirinto do Petróglifo de Mogor en Marín.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Pedra situada á beira do Camiño Real que une Padrón e Rianxo, descrito polo Pai Sarmiento. Unha vez subidos enriba dela faise mover compasadamente sen moito traballo. Era lugar de xogos, fai moitos anos, para os nenos pequenos, pois ao seu carón hai outras pedras con ocos que se usaban para agocharse e resgardarse da choiva. Na parte superior ten cazoletas, posiblemente orixinadas pola auga.…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Túmulo funerario neolítico que conserva restos do dolmen, con tres esteos. Forma parte dunha necrópole de catro túmulos. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Túmulo funerario neolítico que conserva restos do dolmen. Forma parte dunha necrópole de catro túmulos. Ten unha dimensión de 10 metros de diámetro, dos cales, 6 metros corresponden ao cráter de violación, levantando apenas 40 centímetros. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Castro de forma alongada con dúas coroas ao oeste, e outra ao leste, delimitadas por sendas murallas e terrazas intermedias. Intensificáronse tres murallas defensivas e as bases do asentamento.
Trátase dun poboado castrexo da Idade do Ferro e de época romana, sito xunto ao Monte Carboeiro, na aldea de Bexo, a unha altitude máxima de 272 metros. É un dos poboados máis grandes da zona, ocupando máis de 7.000 m2, enlazando con dous outeiros graníticos, localizados no…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Gravado rupestre formado por tres cazoletas: a primeira de 6x8 centímetros e 2 de fondo, a segunda de 7 centímetros e 2,5 de fondo, e a terceira de 7,5x4,5 centímetros de fondo. A rocha mide 3 metros de altura.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Gravado rupestre con forma de ferradura, duns 15 centímetros. O ancho do suco é de 1 centímetros e a súa fondura de 0,5 centímetros.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Gravado rupestres representando un grupo de tres cazoletas. A rocha mide 2,50 metros de norte a sur, e 1,70 de leste a oeste, cunha altura de 1,40 metros. As cazoletas teñen un diámetro de 8 centímetros.