Busca
Pequeno illote de rochas fronte á Praia do Castiñeiro.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais
Entrante da Ría de Arousa en Rianxo que serve de abrigo ás embarcacións.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais
Muíño situado á beira dun camiño que discorre paralelo á estrada principal que atravesa Ourolo. Planta rectangular de muros de cachotaría parcialmente enfuscados e cuberta a unha auga de fibrocemento. Fachada principal ao camiño, cunha boca do inferno central baixo unha fiestra de carpintería de aluminio, aberta recentemente.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Muíño situado no lugar de Pastoriza, xunto á fonte e lavadoiro. Construción de planta rectangular resolta con muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella, actualmente derrubada. Está situado a un nivel superior, con acceso desde o camiño mediante escaleiras de pedra e porta alintelada de madeira na fachada lateral…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar da Senra.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
A Enseada de Beluso está formada pola desembocadura do río Beluso e o río Brea.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais
Extensión de area cunha lonxitude duns 165 metros, localizada entre a Punta de Iñobre e a Praia da Torre.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais
Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar de Ourille.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Lavadoiro no lugar de Iñobre.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Extensión de area cunha lonxitude duns 195, separada da Praia de Tanxil polo Dique de Baltar. No alto dun muro desta praia está a “nova” Virxe da Guadalupe, obra de Bert Gerresheim, que as veciños e veciñas pagaron, tras a retirada da…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais
Extensión de area cunha lonxitude duns 60 metros no Castiñeiro.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais
Desde a Praia da Torre, na que remata o paseo marítimo de Rianxo, podemos continuar camiñando pola Senda Litoral de Taragoña ao longo de 4 quilómetros máis, até o lugar da Burata bordeando o litoral da Enseada de Rianxo e achegándose até as marismas da…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais
Fonte de cantaría situada nun lateral do Campo de Arriba, fronte ao acceso principal. Está delimitada por muros de cachotaría e balaustrada na parte posterior. Pía de base octogonal de case 1 metro de altura, e corpo central prismático de catro canos, cos frontes tallados e cornixa superior. Coroa o corpo central un pináculo moldurado con remate…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Lavadoiro situado na rúa do Adro, desde a que se accede a través dunha escaleira de tres chanzos de granito.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar da Cruz.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Fonte do século XIX nun lado da estrada que vai do Pazo a Rianxo.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Conxunto de fonte e lavadoiro en Rinlo, construído en 1907.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
No Campo Maneiro, a CMVMC O Fieitoso de Taragoña desenvolve os seus proxectos Máis ca leña, O Monte é noso e Fousas ao monte.
Mais ca leña consiste na creación dunha área didáctica en terreos da comunidade de montes, dedicada a dar a coñecer os distintos usos e aproveitamentos que…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais
Esta praia é a máis visitada de Rianxo na actualidade, cunha lonxitude duns 370 metros, separada da Praia de Quenxo polo Dique de Baltar.
Tanxil configúrase como un espazo que aínda garda a forma…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais
Lavadoiro situado ao carón do Cruceiro da Laxe Pequena.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Fonte localizada na rúa da Estación, no muro de peche da Capela de San Xosé Obreiro. Esta fonte “substituíu” á desaparecida fonte e lavadoiro da Estación,…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro na Estación, actualmente desaparecida. Até finais dos anos 80 estaba na curva da Estación, onde a chamada Casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Emprazábase ao lado dun camiño estreito coñecido como o “camiño de vacas”, polo que só pasaba un carro de gando, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos, polo que fixeron uns arranxos para amplialo, quitando o teito e a mesa e deixando…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Fonte localizada na Avenida da Ponte, no cruzamento onde está o Bar Canguro. As testemuñas din que quixeron facer a estrada por enriba dela, mais finalmente isto non sucedeu. A fonte é dun só cano e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscrición.
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga
A Fonte dos Telleiros ou Fonte da Pasaxe é un manancial onde nace a auga que se utilizaba na Telleira das Rañas, cando esta aínda estaba en funcionamento.