Busca

Amosando 289 - 312 de 1605 resultados da busca.

Cruceiro de granito situado nun cruce de camiños rurais, baixo a estrada principal, da tipoloxía de capeliña.

Plataforma enterrada, o varal ten sección cadrada coas arestas rematadas en chafrán. Na súa parte inferior hai gravadas varias cruces e tamén un cáliz. A capela nace sobre unha base troncopiramidal na que aparece o relevo dun anxo con ás nas catro caras. Posúe…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito da tipoloxía de capela, situado no extremo sur do núcleo, incrustado nun muro de peche de cachotaría, xunto ao acceso á finca.

Posúe un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. O capitel ten unha base troncopiramidal invertida cun relevo dun anxo con ás, e teitume a catro augas. No interior da capeliña podemos ver unha imaxe pétrea da Virxe co Neno no colo. O conxunto remata nunha cruz de sección…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

No 1919, era alcalde de Rianxo Manuel Pérez (baixo as ordes do cacique Manuel Viturro, secretario da Comisión Provincial). Ese ano, o pai de Castelao, Mariano Rodríguez, construíu, sen solicitar autorización municipal, a graneira que aínda se conserva neste lugar, na Fincheira.

Viturro, liberal e inimigo acérrimo do pai de Castelao (de tendencia conservadora e que fora…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Nos terreos do Pazo dos Baltar localizábase esta virxe de granito duns cinco metros de altura, obra do escultor Francisco Asorey, colocada nun espigón sobre o Dique de Baltar na…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

O miradoiro do Castro Barbudo atópase a 331 metros de altura sobre o nivel do mar. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas

O Outeiro da Marquesa atópase a 355 metros sobre o nivel do mar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas

Hórreo no lugar da Tarroeira.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo na rúa do Campo de Arriba, situado nunha finca detrás da Casa do Concello de Rianxo.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Cruz inserida no muro de peche dunha finca situada na rúa do Campo de Arriba. A imaxe é unha Virxe co se fillo no colo, moi semellante á do Cruceiro das Neves de Ourolo.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Hórreo no lugar de Asadelos.


Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Hórreo no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Perdiz que nos permite contemplar unha panorámica do río Ulla. Este espazo foi restaurado polos veciños de Vilar, xa que anteriormente “estaba a monte, nin sequera se vía o río coas mimosas que había”. Retiraron a vexetación da zona e instalaron máis de cen metros de varanda de madeira e tamén colocaron…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

O Coto Agudo atópase a 116 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Monte de Leiro atópase a uns 175 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Leiro | Panorámicas

O Monte Palleiro atópase a 127 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas