Busca

Amosando 73 - 79 de 79 resultados da busca.

A Praia de Bamio ou do Campanario é unha extensión de area na beira sur do río Ulla. Dependendo do estado da marea, alta ou baixa, o areal é mais ou menos extenso. Desde esta praia, cando está a marea baixa, aprécianse perfectamente os


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais

Trátase dun espazo natural preto da costa no que existe unha gran cantidade de especies arbóreas. Neste lugar predominan os loureiros e as hedras que medran indistintamente por todo este espazo. No que á presenza do home se refire, só se pode apreciar pola existencia de estreitos sendeiros que nos levan polo pequeno bosque e a existencia dalgúns muros. Estes muros serven para delimitar as propiedades, aínda que se debe destacar o feito de que non se tratan…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais

Trátase dunha enseada onde desemboca o rego da Amproa. Este é un espazo natural rodeado por unha ampla zona vexetal no que destacan algunhas árbores e especies vexetais de zonas húmidas. Este sitio está separado da liña de costa polas vías do tren, baixo as cales existe un conduto-canal para que as augas do Mar Pequeno desemboquen definitivamente no

Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Trátase dun espazo natural rodeado de vexetación (loureiros, eucaliptos, silveiras, fentos...) no cal existe un sendeiro que nos leva até a punta e a un pequeno areal, no cal aínda se poden apreciar restos arqueolóxicos do xacemento romano…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais

Masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da…


Catoira - San Pedro de Dimo | Espazos naturais

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local…


Catoira - San Miguel de Catoira | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira, que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Espazos naturais