Mar Pequeno
Imaxe: Vanesa Lago Somoza
Trátase dunha enseada onde desemboca o rego da Amproa. Este é un espazo natural rodeado por unha ampla zona vexetal no que destacan algunhas árbores e especies vexetais de zonas húmidas. Este sitio está separado da liña de costa polas vías do tren, baixo as cales existe un conduto-canal para que as augas do Mar Pequeno desemboquen definitivamente no río Ulla.
Ao igual que acontece no río Ulla, dependendo de se a marea está alta ou baixa, o nivel da auga varía. A única forma de chegar a este lugar é pola Veira das vías do tren (aínda en funcionamento), desde onde se ten unha vista aérea deste lugar.
- INFORMACIÓN
- Código: VI-NA009
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Espazos naturais
- Cronoloxía:
- Concello: Vilagarcía de Arousa
- Parroquia: San Xens de Bamio
- Lugar: Rego da Amproa
- Acceso a pé: Regular
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Non
- Referencias:
-
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.636684964559 , -8.7560762285138
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.