Busca
Fonte e lavadoiro no lugar de Beiro, a poucos metros da Igrexa Vella.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e desalgadoiro onde os propietarios do Pazo dos Calotes poñían o bacallau a desalgar. A fonte tiña dúas caras aos lados, hoxe desaparecidas. Tamén existía unha ponte de pedra, actualmente derrubada, para atravesar o rego do Batán e chegar a un merendeiro.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga
Fonte no lugar da Codeseira cuxas augas eran potables até que o Concello de Catoira canalizou as augas sucias por enriba e contaminou as augas.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
O Muíño Didáctico de Campaña emprázase no lugar do Souto, na marxe do río Valga.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga
Lavadoiro no lugar de Fontenlo, á beira do Camiño Portugués, restaurado no ano 2020.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Presa construída en pedra no leito do río Valga, próxima ao Muíño do Naval.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Presa construída en pedra no leito do río Valga. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Muíño de Lamas.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira leste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, totalmente derruído.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Os textos que seguen a continuación foron quitados dos perfís de Facebook de Rabunho rexeita e Xosé Comoxo Rodríguez.
Capela de reducidas dimensións da que só se conservan en pé as paredes do…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura relixiosa
Mina de auga construída en cachotaría de granito. Abastecía de auga á Casa dos de Morales. Ao carón desta mina hai un regato que baixa do monte, cuxa auga era usada “para que a herba estivera sempre perfecta e fresca”.
Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga
Lavadoiro de planta cuadrangular construído ao redor de 1977, de cemento e cunhas dimensións de 3,40 metros de longo e 40 centímetros de fondo. Antes da súa construción existía un remanso de auga onde se lavaba a roupa, auga que chegaba até aquí mediante unha canle desde A Codeseira.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Na ribeira do rego de San Cibrán, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga
Fonte localizada na rúa da Estación, datada nos anos 1962-1963 e construída con ladrillos e material cerámico.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Bomba de auga no lugar de Porto, na rúa da Fontaíña, onde a auga bombeada procede directamente dun pozo.
A orixe etimolóxica da denominación procede do latín fonte. Trátase dunha fonte pequena, un nacente de auga que brota permanentemente do solo. Nunha época en que non había auga corrente nas casas a existencia destes mananciais próximos era fundamental para a…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga
Xunto con outro muíño, localízase na ribeira do rego que baixa polo Monte de Beiro até confluír no río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Xunto con outro muíño, localízase na ribeira do rego que baixa polo Monte de Beiro até confluír no río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar do Barral, separados entres eles por uns metros de distancia, na que auga que chega ao lavadoiro por unha canle escavada no terra.
Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga
Na ribeira do río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Muíño ao carón do Porto de Sobrido, na Enseada do Pico. O rego do Pico fornece de auga a este muíño e a outro localizado a escasos metros, a través dunha levada de pedra ben conservada. …
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga
Conxunto de fonte e lavadoiro situados sobre a estrada principal de Rianxiño, nun lateral da finca do Pazo de Rianxiño.
Fonte de dous canos acaroada ao muro, con corpo central de cantaría dividido por tres semipilastras e cornixa superior moldurada. Pía rectangular delimitada…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Lavadoiro situado sobre o río Lustres, localizado no centro do lugar do Pazo, xunto á Escola do Pazo, desde a que se accede a través dunha escaleira de tres chanzos de granito.
Planta rectangular de grandes dimensións con lousas inclinadas de granito nun lateral e muro formigón…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Fonte de dous canos situada no centro da Praza da Fonte. Está composta por dous volumes prismáticos divididos por unha cornixa moldurada. Volume inferior cos canos en laterais enfrontados e mesados semicirculares sobre pés de granito acaroados a ambos lados. Volume superior máis estreito, con cornixa en arco de medio punto nas catro frontes. Pía de planta octogonal a rentes do chan, conformada por lousas de granito. Farol sobre o corpo…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Fachán.