Busca
Santuario rupestre situado nun enorme batolito granítico no alto dun outeiro accesible pola parte da pista forestal que dá ao norte (a uns 40 metros da mesma) e na parte orientada ao poñente elévase varios metros de altura (de 2 a 6 metros segundo a zona). Destaca visualmente na paisaxe e dominando amplamente a Ría de Arousa e o cume do …
Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía
Petróglifo localizado por Cristina Conde Escaloni que está dividido en dúas partes. Na parte alta existe unha cazoleta e na parte baixa diferentes gravados: un longo radial do que sae medios círculos e nun lateral varias coviñas.
Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía
Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
O Monte San Gregorio atópase a 223 metros de altura sobre o nivel do mar.
Padrón - Santiago de Padrón | Panorámicas
O Monte Areal atópase a 217 metros de altura sobre o nivel do mar.
Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas
Miradoiro construído ao abeiro das obras de construción do parque eólico do Monte Meda. Atópase a 424 metros de altura sobre o nivel do mar.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
Desde o Monte Meda, a 444 metros de altura sobre o nivel do mar, pode verse a bacía do río Ulla e a ría de Arousa, as Torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e até a Illa de Arousa. Tamén se observan os montes do Castro Valente, Xesteiras, Xiabre ou…
Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas
No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou este espazo, antigo vertedoiro, como miradoiro. Desde este punto privilexiado obsérvase o Canón do Lapido, o curso do río Ulla, algunhas pesqueiras e o…
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
Miradoiro xusto á beira do leito de río Ulla, que permite ver moi de preto algunhas pesqueiras.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
O Monte da Grela atópase a 402 metros de altura sobre o nivel do mar, nos límites administrativos entre Padrón e Teo. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas
Polo seu emprazamento fisiográfico, o Monte do Castro Valente domina visualmente unha ampla panorámica, tanto do curso do río Ulla, como a confluencia co río Sar e o val deste.
Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas
O antigo hotel era unha construción de pedra, situada en medio dun terreo de case dúas hectáreas, no centro do núcleo urbano, a pouco máis de 150 metros do río Ulla e a uns 350 metros do Balneario Laxinias. O hotel é unha fermosa casa de pedra situada no medio de o terreo, goza de boas vistas á ría, ten 20 cuartos, un comedor-galería e unha ampla cociña. O complexo aparece…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil
Localizado a uns 350 metros do Hotel Balneario Catoira, trátase dun modesto edificio de baños de planta baixa, rectangular e cuberta a catro augas, máis en consonancia cun balneario rural que cos grandes balnearios da provincia de Pontevedra. O balneario, inicialmente foi unha construción de madeira con oito cuartos de baño e un salón de espera. Ten oito pilas, catro de…