Panorámica de Meda
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Desde o Monte Meda, a 444 metros de altura sobre o nivel do mar, pode verse a bacía do río Ulla e a ría de Arousa, as Torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e até a Illa de Arousa. Tamén se observan os montes do Castro Valente, Xesteiras, Xiabre ou Pico Sacro. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Tal como conta Fernando Cabeza Quiles, para a explicación do topónimo Meda, frecuente en Galicia, cómpre partir do vocábulo latino meta, antigo piar de forma cónica ou piramidal, que se situaba en cada un dos extremos da espina dos circos romanos para sinalizar e contabilizar o paso das cuadrigas nas carreiras de carros. Aínda que hoxe as metas das competicións deportivas xa non teñen estes antigos conos sinalizadores de pedra, o vocábulo meta pervive na toponimia de Galicia, dando nome a picos de montes de forma cónica. Caso, entre outros, do chamado monte Meda ou máis propiamente Pico de Meda, ten unha indubidable e moi marcada forma cónica parecida á dunha pirámide. Aínda que a voz latina meta se estende con bastante profusión pola toponimia de Galicia, dando nome a picos de montes, a súa utilización non termina aí, xa que tamén serve como denominación dalgún abxecto da nosa antiga cultura material. Así, proveniente de meta (palabra que é un cultismo sen evolucionar desde o latín), coa única variación que supón a sonorización do seu t en d, como ocorre co topónimo, xorde meda esta vez como vocábulo agrícola referido ás moreas ou montóns de feixes de trigo ou centeo de forma cónica, que tamén reciben o nome de medeiros.
- INFORMACIÓN
- Código: PA-MI001
- Outras denominacións: Panorámica do Monte Miranda
- Tipoloxía: Panorámicas
- Cronoloxía:
- Concello: Padrón
- Parroquia: Santa María de Herbón
- Lugar: Monte Meda
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.752808809509 , -8.629420102097
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.