Busca
Restos dos muros do que se podería ter sido un cemiterio, situados na extensa parcela catastral do Pazo de Santa Cruz da Granxa.
Segundo contan veciños de Herbón, trataríase dun cemiterio proxectado para ser utilizado no lugar do parroquial, situado no atrio da…
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa
Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
O Outeiro da Marquesa atópase a 355 metros sobre o nivel do mar.
Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas
Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Miradoiro natural no Alto do Monte das Cruces, situado a 374 metros de altura sobre o nivel do mar, a escasos 60 metros do Marco da Pena das Cruces.
Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas
Foi fundada no ano 1970 por Manuel Cortizo Valladares e dedícase á fabricación de todo tipo de candeas e candeóns de alta calidade para uso relixioso. Ao inicio eran traballos basicamente manuais, mais pouco a pouco foise automatizando o proceso de fabricación.
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial
Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos
Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial
Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
O Monte San Gregorio atópase a 223 metros de altura sobre o nivel do mar.
Padrón - Santiago de Padrón | Panorámicas
O Monte Areal atópase a 217 metros de altura sobre o nivel do mar.
Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas
Miradoiro construído ao abeiro das obras de construción do parque eólico do Monte Meda. Atópase a 424 metros de altura sobre o nivel do mar.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
Desde o Monte Meda, a 444 metros de altura sobre o nivel do mar, pode verse a bacía do río Ulla e a ría de Arousa, as Torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e até a Illa de Arousa. Tamén se observan os montes do Castro Valente, Xesteiras, Xiabre ou…