Busca

Amosando 241 - 264 de 362 resultados da busca.

O Monte Fontebecha, a 369 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación posibilita a visión de parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón, Monte Meda, Monte Xesteiras e os vales dos ríos Louro e Valga.

Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas

A visión dende a Chan do Monte de Valga posibilita unhas vistas panorámicas dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, así coma dos montes da contorna.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Punto dende o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Panorámicas

Punto desde o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro. O topónimo A Telleira fai referencia á Telleira de Vilarello, hoxe desaparecida, que se emprazaba neste lugar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

Un afloramento rochoso no Monte dos Penoucos, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, permite unha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro e Ulla.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da…


Catoira - San Pedro de Dimo | Espazos naturais

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local…


Catoira - San Miguel de Catoira | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira, que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

O río Valga, ao que xa se incorporou o caudal do rego do Ferreño, forma un estreito val encaixado en penedos graníticos. Neste punto fórmase un salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 10 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

No punto onde o rego do Ferreño se une co río Valga, fórmase este salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 6 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O río Valga, a canle procedente do Muíño de Carlés e a que fornece ao Muíño de Casadamil, forman unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O Sistema Fluvial Ulla-Deza (Rede Natura 2000) está formado polo río Ulla e as áreas húmidas lindeiras: as Brañas de Laíño e as Veigas de Campaña e Cordeiro. Presenta unha grande variedade de comunidades vexetais adaptadas ao distintos graos de salinidade, como son carrizos,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

Muíño que pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en bo estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar do Campo.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

A Fonte do Pazo é unha fonte dun único cano que se insire nun artístico esteo de cantaría situado á beira do rego do Souto da Vila. Inmediato á fonte, un lavadoiro cun vaso labrado en granítico. Este, de planta cadrada, aparece cuberto e permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por unha cuberta de obra que non se adapta ás condicións ambientais da contorna.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

A Fonte da Veiga é unha fonte dun único cano que se insire nun artístico esteo de cantaría situado á beira do lugar de Gondar. Inmediato á fonte, un lavadoiro cun vaso labrado en granítico. Este, de planta cadrada, aparece cuberto e permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por unha cuberta a catro augas gorecida por tella curva do país.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Lavadoiro localizado no medio dun regueiro de escaso caudal coñecido como río do Medio. De sinxela factura, o lavadoiro granítico, de tipoloxía descuberta, presenta unha planta poligonal que permite fregar roupa só nun dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a ras de chan.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Lavadoiro cun vaso labrado en granítico. De planta cadrada, aparece descuberto e permite fregar roupa en dous dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Muíño que pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en mal estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar da Devesa.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Estamos diante dunha fonte de cabaliño que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece empotrado nun muro de contención de cachotaría. Sobre o cano, que deita auga nunha pía de granito de sección rectangular, figura un epígrafe coa seguinte inscrición "AÑO 809". A ambos lados da fonte disponse unha bancada de granito de…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

O Muíño dos Agros pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en mal estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar de Borreiros.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

O Muíño do Cura pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en moi mal estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar de Borreiros.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Lavadoiro de planta rectangular e tipoloxía cuberta de tella curva e a catro augas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga