Fonte de Tras da Veiga

Estamos diante dunha fonte de cabaliño que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece empotrado nun muro de contención de cachotaría. Sobre o cano, que deita auga nunha pía de granito de sección rectangular, figura un epígrafe coa seguinte inscrición "AÑO 809". A ambos lados da fonte disponse unha bancada de granito de tipoloxía tradicional.
- INFORMACIÓN
- Código: CA-AA078
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura da auga
- Cronoloxía: -
- Concello: Catoira
- Parroquia: San Miguel de Catoira
- Lugar: Tras da Veiga
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_126) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.66178916367 , -8.7224835348138
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.