Busca

Amosando 97 - 120 de 732 resultados da busca.

Coñecida popularmente como a Casa da Palma, denominación que ven pola existencia no pasado dunha palmeira nos seus predios. Trátase dunha edificación composta por tres partes diferenciadas: a entrada onde se atopa un escudo heráldico, as cortes onde se acomodaba o gando e a casa principal empregada como vivenda. No lintel de pedra da porta de entrada á cociña, aínda se pode observar o debuxo dun escudo e na parte inferior diferentes letras que correspondian á capela que…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura civil

A configuración actual do edificio que alberga a Casa do Concello de Valga resposta á reforma e ampliación realizada na década dos 80, e que durou até o 1991.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura civil

O edificio é actualmente a sede da Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de Cordeiro, mais o seu nacemento remóntase á época da ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1930), aínda que sufrise diferentes reformas. Foi sede do Sindicato Agrario de Cordeiro, presidido por…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

A parcela sitúase nunha elevación sobre o río Valga, nunha zona agrícola. Trátase dunha antiga casa grande cunha planta en L. No seu lado máis longo engadíuselle outro corpo. Muros de cachotería de pedra. Carpinterías de madeira de faces exteriores. As cubertas son inclinadas e rematadas en tella do país. A finca posúe edificacións adxacentes como alpendres, hórreo e pombal, todos en pedra.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura civil

Este edificio, que destaca pola súa sobriedade e racionalidade construtiva, está feito nun soar elevado con respecto á rúa, o que lle permite ter amplas vistas e unha situación destacada na contorna. O recinto está pechado por un muro de pedra no que se integra unha escalinata central para poder acceder a el.

Trátase dun edificio dun só andar, de…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Casa grande no lugar do Forno.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Virxe co neno en pedra no Souto, antigo torreiro onde se celebraban as festas.


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Hórreo no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Insua formada polo río Ulapróxima á Insua da Pomba (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Brañas de Laíño de Dodro, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Espazos naturais

Esta foi a casa, hoxe desaparecida, onde naceu Agustina Carolina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como Carolina Otero ou A Bela Otero.

O texto que segue a continuación foi extraído de culturagalega.gal, escrito por Encarna Otero Cepeda en 2007.

Agustina Otero Iglesias, Carolina Otero ou A Bela Otero, naceu, segundo ela mesma dixo, un 4 de novembro…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura civil

Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Hórreo no lugar da Medela.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

A casa orixinal, e o escudo, pertencían a Don Pedro de Antelo. A casa tiña unha capela, de feito pola microtoponia usada pola xente maior de Balleas, alí ao lado aínda se lle chama Tras da Capela, facendo referencia á desaparecida capela. Cando se derruíu conservouse o escudo. Don Pedro de Antelo ademais de casa grande, capela, escudo... tiña moitas terras, razón pola que no lugar aínda se manteñen nomes como A Horta de Antelo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Hórreo no lugar do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Hórreo no lugar da Tarroeira.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Un 30 de xullo de 1906, nacía neste lugar da aldea de Balleas (Cordeiro), Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas do ano 1996. A actual vivenda foi construída sobre as ruínas da casa natal propia onde naceu. Dentro da finca destaca un hórreo construído en…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Insua formada polo río Ulla, próxima á Insua de Vilar (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura civil

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos