Busca
Capela pertencente á parroquia de Santa María de Cruces, na honra de San Bieito. Todos os anos no mes de xullo celébrase unha romaría na pequena carballeira que rodea á capela, sacando ao santo en procesión. Esta talla foi realizada en 1845 polo escultor Juan Martín María Pernas Gambino. Nun do laterais hai unha fonte.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa
O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas
Non ten nichos, todos os soterramentos son de foxo no terreo. Espazos entre as sepulturas de herba, sen camiños e cun cerramento exterior de muro baixo. A tumba do Premio Nobel de Literatura de 1989, Camilo José Cela, está baixo unha oliveira (Olea europaea) incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras co código 55A.
Na Adina estaban enterrados os avós e o pai de…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Capela vinculada ao Convento do Carme, localizada no interior dunha masa arborada, na parte traseira do convento.
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa
Restos dos muros do que se podería ter sido un cemiterio, situados na extensa parcela catastral do Pazo de Santa Cruz da Granxa.
Segundo contan veciños de Herbón, trataríase dun cemiterio proxectado para ser utilizado no lugar do parroquial, situado no atrio da…
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa
Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Miradoiro natural no Alto do Monte das Cruces, situado a 374 metros de altura sobre o nivel do mar, a escasos 60 metros do Marco da Pena das Cruces.
Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas
Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.