Busca

Amosando 25 - 32 de 32 resultados da busca.

Trátase dunha enseada onde desemboca o rego da Amproa. Este é un espazo natural rodeado por unha ampla zona vexetal no que destacan algunhas árbores e especies vexetais de zonas húmidas. Este sitio está separado da liña de costa polas vías do tren, baixo as cales existe un conduto-canal para que as augas do Mar Pequeno desemboquen definitivamente no

Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Trátase dun espazo natural rodeado de vexetación (loureiros, eucaliptos, silveiras, fentos...) no cal existe un sendeiro que nos leva até a punta e a un pequeno areal, no cal aínda se poden apreciar restos arqueolóxicos do xacemento romano…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

O río Valga, ao que xa se incorporou o caudal do rego do Ferreño, forma un estreito val encaixado en penedos graníticos. Neste punto fórmase un salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 10 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

No punto onde o rego do Ferreño se une co río Valga, fórmase este salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 6 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O río Valga, a canle procedente do Muíño de Carlés e a que fornece ao Muíño de Casadamil, forman unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O Sistema Fluvial Ulla-Deza (Rede Natura 2000) está formado polo río Ulla e as áreas húmidas lindeiras: as Brañas de Laíño e as Veigas de Campaña e Cordeiro. Presenta unha grande variedade de comunidades vexetais adaptadas ao distintos graos de salinidade, como son carrizos,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais