Busca
Na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica. Presenta tellado a unha auga.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Localizado ao carón da Capela de San Bieito de Bascuas.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
No lugar de Pedreda, á beira do Camiño Portugués.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga
Lavadoiro á beira da estrada que vai desde A Escravitude até Queiruga.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Reloxo de sol múltiple no Santiaguiño do Monte, sobre o muro que delimita a Finca O Carballal.
Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil
Miradoiro-balcón metálico sobre muro de pedra, na actual avenida Castelao, orientado ao Paseo do Espolón.
Segundo escribe Eloy Rodríguez Carbia, “o…
Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil
No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).
En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga
Antigos pasais que atravesaban o río Sar Vello, no lugar do Pombal, xa no Campo da Insua. Estes desapareceron coa construción do desvío do río Sar.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Fonte que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo de Tarrío. Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, descríbea como segue. Enriba dos dous canos dunha fonte…
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.
Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas
Fonte e lavadoiro no lugar do Vilar.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Na parede dunha das torres do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente, co gnomon dobrado, e coa inscrición: "POLI ARTICI / GRADI?? / AÑO IVBILEI 1745".
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Fonte próxima ao Castelo da Rocha Branca, onde a auga abrollaba dun cano de pedra, que caía sobre unha pía na que se poden apreciar as marcas do afiado de ferramentas de corte.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga
Na parede sur da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízase este reloxo de sol.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Fonte no lugar de Sinde, na que a auga abrolla dun cano de pedra e cae sobre unha pía.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga
Na parede sur da Igrexa de San Xián de Laíño localízase este reloxo de sol. Ten o gnomon invertido e as liñas horarias non corresponden coas horas reais.
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Panorámica do val do Ulla desde o lugar de Castro.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Traída de auga que chegaba ao Pazo do Marqués de Bendaña a través dunha longa canle labrada en pedra duns 400 metros de lonxitude.
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga
Muíño de dous andares ao carón da Ponte da Barca, que aproveitaba a represa das Pesqueiras da Canle. Entre finais dos anos 70 e principios dos 80, foi reconvertido en estación de bombeo da rede de auga potable do Concello de Pontecesures, aproveitando a…
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga
A fonte atópase na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”. Segundo fontes orais, inicialmente non se atopaba nesta localización, senón na zona onde se atopa o Centro de Saúde. O cano da fonte sae dun muro en forma de arco feito con lousas de pedra. A pedra superior deste arco ten unha inscrición coa data na que se construíu en números romanos (1982) e baixo esta unha cuncha de vieira. A pía tamén ten forma de cuncha, está tallada en pedra…