Busca

Amosando 361 - 368 de 368 resultados da busca.

A igrexa parroquial do Araño, datada no século XVII, consta dunha soa nave de planta rectangular dividida en catro treitos, por tres arcos faixóns de medio punto apoiados sobre pilastras. O último treito corresponde ao presbiterio, lixeiramente máis estreito e máis baixo. Unha liña de imposta marca o comezo da bóveda de canón que cobre toda a nave. Antes da ábsida aparecen dous pequenos altares laterais incrustados no muro, nun oco formado por un arco de medio punto. Nos…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura relixiosa

Capela situada no centro do lugar de Brión, inserida no muro de peche do Pazo dos Torrado de Brión, do que formaba parte. Foi fundada por Diego Manuel Torrado en 1783 con motivo da súa coxeira, que o impedía asistir aos actos relixiosos na Igrexa de Santa María de…

É un templo de gran interese polas solucións arquitectónicas que presenta. Construída no século XVI, mide 32 metros de longo e 13,90 de ancho (dimensións máximas exteriores). A sancristía e capelas laterais son de construción máis recente, e a torre data do século XVIII. Presenta planta de cruz latina, co brazo transversal moi curto. Ten dúas capelas laterais de pequenas dimensións e unha terceira dependencia xunto…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura relixiosa

Pequena ermida construída en 1972 e emprazada na contorna da Igrexa de Santa Baia do Araño, entre os lugares de Traba e A Capela. Planta rectangular formada por dous volumes: un pequeno corpo con cuberta a unha auga de tella e acceso lateral, e un soportal dianteiro con cuberta a catro augas. Baixo o soportal, un altar e un banco de granito, situados fronte á…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura relixiosa

Pequena capela situada ao suroeste do núcleo da Ermida, pertencente na súa orixe ao conxunto do Pazo dos Caamaño. É unha ermida de construción sinxela, de planta rectangular resolta con muros de cachotaría de pedra e cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira. Fachada principal con porta alintelada e espadana dun só corpo coroada cunha cruz. Ten un segundo acceso na fachada lateral, mediante unha porta de características similares. Pequeno soportal con…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura relixiosa

A licenza para edificar a ermida foi dada polo Arcebispo Andrés Girón, en novembro de 1670, rematándose en 1671. Trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única, realizada en cantaría de granito e cuberta a dúas augas de fibrocemento sobre estrutura de madeira. A capela está situada nun alto ao que se accede mediante unha escalinata de pedra. Con apenas 10 metros de lonxitude, consta de dous corpos para…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura relixiosa

O antigo hotel era unha construción de pedra, situada en medio dun terreo de case dúas hectáreas, no centro do núcleo urbano, a pouco máis de 150 metros do río Ulla e a uns 350 metros do Balneario Laxinias. O hotel é unha fermosa casa de pedra situada no medio de o terreo, goza de boas vistas á ría, ten 20 cuartos, un comedor-galería e unha ampla cociña. O complexo aparece…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Localizado a uns 350 metros do Hotel Balneario Catoira, trátase dun modesto edificio de baños de planta baixa, rectangular e cuberta a catro augas, máis en consonancia cun balneario rural que cos grandes balnearios da provincia de Pontevedra. O balneario, inicialmente foi unha construción de madeira con oito cuartos de baño e un salón de espera. Ten oito pilas, catro de…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil