Busca
Palco octogonal construído en pedra.
Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil
Casa grande no lugar do Forno.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil
Aínda quedan o restos da edificación (garita) vinculada ao desaparecido paso a nivel de Vilar que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago).
A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
No 1927 a Cerámica de Campaña (Novo y Sierrra) construía un moderno sistema Bleichert funicular de trasporte aéreo para a arxila que se extraía da Mina Mercedes, así como os materiais cerámicos que se producían na factoría, até o…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Antigos pasais que atravesaban o río Sar Vello, no lugar do Pombal, xa no Campo da Insua. Estes desapareceron coa construción do desvío do río Sar.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Brión.
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil
Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Quintáns.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil
Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Rañó.
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil
Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.…
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Na parede dunha das torres do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente, co gnomon dobrado, e coa inscrición: "POLI ARTICI / GRADI?? / AÑO IVBILEI 1745".
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Padín, cara o oeste.
Esta é unha das telleiras mellor conservadas da contorna, conservándose o forno, restos do embarcadoiro e da vivenda dos telleiros. O propietario do terreo e do…