Busca

Amosando 145 - 168 de 281 resultados da busca.

O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

A visión desde o Alto de Bexo posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Na veigas de Bexo, punto desde o que poder observar o Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A visión desde o Monte Treito posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A 301 metros de altura, a visión desde o Monte Carboeiro posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A 149 metros de altura, a visión desde o Miradoiro de Lestrobe posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Dodro - Santa María de Dodro | Panorámicas

A visión desde o Alto da Paxareira posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, O Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.


Dodro - Santa María de Dodro | Panorámicas

O Miradoiro do Galiñeiro, a 143 metros de altura sobre o nivel do mar, ofrece unha moi boa vista da confluencia dos ríos Sar e Ulla, así como de todo o val deste último, que acabará formando a ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

O Miradoiro do Piñeiro Manso, a 35 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre a trama urbana de Pontecesures. Debe o seu nome ao piñeiro manso (Pinus pinea) que desde antigo se eleva neste punto, aínda que o exemplar que a día de hoxe ocupa este espazo non é o orixinal. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Chan da Lagoa posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde As Barreiras posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Cima de Lato posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

Das catorce cruces das que consta un vía crucis tradicional, soamente se conserva unha sobre a cimeira do muro e pola banda dereita da Igrexa de San Mamede de Abalo, ademais da estación número 12, constituída polo calvario descrito.

Trátase dunha cruz baixa, maciza, monolítica, de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas. Ten de altura 93 centímetros…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, localizado no lugar de Catrocamiños, lugar onde conflúen as parroquias de Catoira, Oeste e Dimo. Un chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas constitúen a parte baixa deste cruceiro moderno, pois substituíu un antigo que estaba neste lugar. Varal, primeiramente cuadrangular, mais despois remata as arestas. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos, adobiados por cabeciñas de anxo entre espirais. Cruz cuadrangular con…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

A cruz central ten por alicerce dous chanzos irregulares. Base grande, pouco alta e de bordos rectos. Cruz de sección octogonal, monolítica, cos brazos e testeiro acabados en cadrados, presentando un reducido testeiro. Adobíase pola parte dianteira dunha coroa na intersección dos brazos e dun INRI no extremo superior do testeiro. Os extremos dos brazos amosan dous círculos concéntricos e seis raios emparellados saíndo deles. A cruz ten unha altura de 2,20 metros de alto,…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

A parte inferior componse de tres chanzos irregulares e unha pedra chan que fai de mesa por diante. Base cúbica coas arestas superiores biseladas. A vara comeza sendo cuadrangular, para pasar despois a forma cilíndrica. Remata un capitel de catro lados curvos que presenta nas partes centrais figuras esquemáticas, sen apenas trazos, afastadas por bólas na parte baixa. Cruz de sección rectangular coas arestas redondeadas, finiña e sen figuras.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Localizada en posición de encrucillada, detrás dunha rede metálica, pois ficou por dentro dunha propiedade que impide o acceso á mesma. Cruz alta cunha altura próxima aos 2 metros, fincada nunha base irregular, que lembra un tronco de pirámide, fina lanzal, monolítica, lisa e sen figuras. Presenta sección octogonal, mais cos extremos acabados en cadrado.


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Presenta unha gran plataforma de cachotaría feita sobre o noiro da estrada. Catro chanzos e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas serven de sustentación á obra. Fuste octogonal todo ao longo, mais con resaltes na parte baixa e alta. Amosa por diante e no terzo superior unha imaxe de Santo Antonio co libro dos sermóns na man. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e barcas nas esquinas que soporta unha…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Localizada nunha posición próxima a unha encrucillada, á beira dunha estrada local, este cruceiro perdeu a cruz que a coroaba en data indeterminada. Próxima aos 2 metros de altura, o varal fincábase nunha peaña cuadrangular de arestas biseladas e ángulos redondeados na que se aprecia unha fenda vertical. Por baixo da peaña e, descentrada respecto desta, unha base de planta cadrada e de maiores dimensións que aquela. O varal presenta sección octogonal, mais co extremo…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Presenta á vista soamente un chanzo. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas. Vara de sección octogonal que se cobre por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e volutas nas esquinas. A cruz, cilíndrica e lisa, amosa figuras por ambas caras. Así, por diante vemos un Cristo de poucos trazos, de tres cravos, baixo carteira de INRI, mans abertas, nó á dereita e pé dereito agochando o esquerdo. Por detrás,…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Sobre a parte central do penedo colocouse unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, varal rectangular no seu primeiro cuarto e logo octogonal descendente. Na parte dianteira e baixa desta vara, a rectangular, atopamos esculpida e formando parte da mesma columna unha serea baixo coroa (o escudo dos Mariño da Illa de Sálvora). Capitel cadrado, de catro lados rectos, adobiado soamente por espirais. Cruz rectangular da que pendura un…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, localizado a uns 30 metros ao leste da Ermida de San Cibrán, sobre unhas laxes onde está asentado este cruceiro duns 4'50 metros de altura. Está composto dun calvario de dúas gradas, baseamento, fuste de sección octogonal, capitel de volutas, e crucifixo figurado. Represéntase neste, por diante, vendo cara o recinto, a Cristo crucificado e…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos