Busca
Muíño de vento no Monte Beiro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Nuns apuntes de García Alén gardados no Museo de Pontevedra, recóllese a tradición oral relacionada co Castelo da Medela, no que se dicía que: “A unos cien metros hay un sitio del que sacaron piedra de un agujero en el que, según la leyenda bailaba una moura”. Probablemente o burato do que falaba García Alén era este corgo.
…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na paraxe coñecida como Campo Redondo emprázase a rocha que contén os gravados, e que xa fora descrita por X. Ferro Couselo (1952, p. 94) e por F. Bouza Brey-R. Sobrino (1948, p. 333-343). Nos dous casos, reproducen os motivos observados. Da rocha principal, a representación máis fiel e exacta é a realizada por F. Bouza Brey-R. Sobrino. Así, esta rocha principal presenta unha forma alongada, en sentido nordeste-suroeste, séndolle esnaquizada a parte dereita centro-…
Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía
Pazo con torre ameada totalmente reconstruída. Muros de cachotería. Cuberta inclinada de tella. Solaina de pedra. A finca presenta edificacións anexas e un hórreo de pedra.