Castelo da Medela

Castelo da Medela - Valga - San Miguel de Valga

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, non se documentaron vestixios algúns de estruturas que permitisen definir o tipo de xacemento concreto, aínda que na revisión da toponimia catastral, todas as fincas desta zona levan a denominación de Castelo.

Segundo García Alén, nuns apuntes gardados no Museo de Pontevedra: “Es un castro. X-1971 comprobamos existencia de restos de ánforas, ímbrices y algo de cerámica castreña sin decoración en la zanja hecha para la traída de agua al grupo escolar”. Recolle este autor tamén algunha tradición oral relacionada co xacemento, no que se dicía que habitaran os mouros e do que: “A unos cien metros hay un sitio del que sacaron piedra de un agujero en el que, según la leyenda bailaba una moura”. Probablemente o burato do que falaba García Alén se trate do Corgo do Castelo.

Ten ampla visión cara o val no que se atopa a Igrexa de San Miguel de Valga, por onde transcorre o Camiño Portugués de Santiago. Posúe dous marcados foxos circulares que rodean ao recinto, agás pola banda leste de acusadas pendentes cara o río Valga. A cimeira é chan, medindo uns 15 metros de diámetro.

Na actualidade toda esta zona atópase moi modificada, debido á execución de pistas, liñas de alta tensión, explotación forestal ou extracción de pedra, polo que non é posible observar indicios claros do mesmo. Posiblemente anterior ao que semellan que son os restos dun pequeno castelo de control do territorio, houbera un castro do que se aproveitou algunhas estruturas.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ024
  • Outras denominacións: Monte Castelo
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro-Idade Media
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Monte Castelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Afectado pola apertura de pistas e camiños, transcurso dunha liña de alta tensión, buracos producidos por extraccións de pedra e modificación do espazo pola explotación forestal.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-22: GA36056006)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castelo da Medela

Castroverde

Castro de Vilar

Gravados do Monte da Cabreira