Busca
Hórreo de comezos do século XX que forma parte do conxunto do Pazo de Rianxiño. Trátase do hórreo máis longo do mundo (24,70 metros), construído integramente en pedra.
Baseamento de muros de cachotaría e cámara rectangular de grandes dimensións apoiada sobre trece pés de…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos
Hórreo situado sobre o muro de peche dunha parcela con fronte á rúa Roxelio Pérez, preto do cruce da rúa Fincheira.
Plataforma de muros de cachotaría e cámara rectangular de cantaría de granito con tornarratos perimetral e cornixa superior moldurada. Cuberta a dúas augas de tella e sobrepenas de granito, coroadas por lampións no vértice e pináculos de diferentes formas…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos
Hórreo nun extremo do patio traseiro da Casa do Coxo, actualmente Museo do Mar, situada ao lado do Cuartel Vello, fronte á Capela da Virxe da Guadalupe…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos
Hórreo de grandes dimensións situado nunha finca ao sur da Burata.
Está apoiado sobre seis pares de pés de granito de sección cadrada con tornarratos superiores. Cámara rectangular con trabes e piares de granito e entrepanos de madeira, substituídos parcialmente por ladrillo perforado. Penais e sobrepenas de cantaría, e cuberta a dúas augas de fibrocemento sobre…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Hórreos
Hórreo no lugar do Pazo, xunto á Cruz do Pazo.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos
Hórreo no Castiñeiro, xunto á praia do mesmo nome.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos
No 1919, era alcalde de Rianxo Manuel Pérez (baixo as ordes do cacique Manuel Viturro, secretario da Comisión Provincial). Ese ano, o pai de Castelao, Mariano Rodríguez, construíu, sen solicitar autorización municipal, a graneira que aínda se conserva neste lugar, na Fincheira.
Viturro, liberal e inimigo acérrimo do pai de Castelao (de tendencia conservadora e que fora…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos
Hórreo na rúa do Campo de Arriba, situado nunha finca detrás da Casa do Concello de Rianxo.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos
Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.