Casa do Coxo
Imaxe: Luís Miguel Bugallo Sánchez
Edificación do casco histórico de Rianxo, en esquina, que data do século XIX e que alberga o Museo do Mar de Rianxo. Emprázase nun dos lugares máis céntricos da vila de Rianxo, situada ao lado do Cuartel Vello, fronte á Capela da Virxe da Guadalupe no Campo de Abaixo. A denominación de Casa do Coxo vén porque pertenceu a un excéntrico e devoto boticario de principios do século XX.
Trátase dunha construción de planta rectangular co extremo norte en chafrán. Está realizada con muros de cantaría nas fachadas principais e cachotaría nos muros piñón, coa cuberta a tres augas de tella. Consta de dúas alturas na fachada principal á rúa e tres na fachada posterior, que dá a un patio privado onde se localiza un hórreo. Fachadas de composición simétrica, con accesos en planta baixa, onde destaca o corredor cuberto con varanda de ferro no segundo andar da fachada principal.
O Museo do Mar de Rianxo ten unha orientación fundamentalmente etnográfica e antropolóxica. Consta de tres andares (soto, baixo e primeiro andar) nos que se trata o medio en relación coa actividade extractiva, as embarcacións tradicionais no seu quefacer socioeconómico e a construción das mesmas.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AC051
- Outras denominacións: Museo do Mar de Rianxo
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: Século XIX
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa Comba de Rianxo
- Lugar: Praza Castelao
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-029)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.653043091748 , -8.8182649396982
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.