Cruceiro do Cemiterio do Campanario

Cruceiro do Cemiterio do Campanario - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: Vanesa Lago Somoza

Este cruceiro posúe un baseamento de planta cuadrangular, composto por tres chanzos sobre os cales, érguese un pedestal carente de ornamentación, que ten unha forma cúbica e está rematado en aresta viva. No pedestal posúe unha inscrición na que aínda se pode ler “AÑO 1983 CONSTRUCION † y CEMENTERIO”.

O fuste desta construción é de sección cuadrangular, tendo as arestas rematadas en chafrán e carecendo de decoración escultórica no fuste. O capitel continúa a composición cunha sección cuadrangular de formas xeométricas e simétricas, é dicir, está composto por cinco láminas cadradas que van aumentando de tamaño desde o fuste até a parte central para novamente volver a diminuír.

O conxunto está rematado por unha cruz de sección cuadrangular cos ángulos rebaixados e cun lixeiro engrosamento nos estremos, cunha representacións nas dúas caras. No anverso aparece representado Cristo crucificado (mirando cara ao mar), unha figura de tres cravos (o seu pé dereito colócase sobre o esquerdo para poder colocar un único cravo nestas extremidades). A imaxe caracterízase por inclinar lixeiramente a súa cabeza cara adiante (hai que facer mención aos extraordinarios cabelos que ten a imaxe) e levar o pano de pureza (perizoma) atado na parte dereita. Como é común neste tipo de imaxes, sobre a súa cabeza leva unha cartela coa inscrición “INRI”. No reverso aparece representada a figura da Virxe, máis concretamente dunha piedade, a cal, érguese sobre un pedestal circular. A imaxe da Virxe (mirando cara terra) caracterízase por estar sentada. Está cuberta cunha pesada túnica que a cubre desde a cabeza até os pés e sobre as súas pernas sostén o corpo do seu fillo morto. A man dereita da Virxe, colócase debaixo do pescozo do seu fillo (a cabeza de Xesús está cara a dereita) mentres que á esquerda colócalla sobre o peito. Destacan as escasas proporcións do corpo de Xesús en relación co da súa nai.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Punta Grandoiro

Cruceiro do Salgueiral

Cruceiro do Campanario

Cruceiro do Cemiterio do Campanario