Mámoa Nº 2 do Monte Picoto

Conxunto de dez túmulos sitos en Burés, que constitúen a Necrópole do Monte Picoto. Están na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo, e a uns centos de metros ao oeste das catro mámoas da Necrópole da Paradegua, sitas en Bexo (Dodro).
Este túmulo mide 40 metros no eixo SL e 15,20 metros no L-O. Ten unha altura de 1 metro. Presenta un burato de violación central de grandes dimensións: 7,50 metros (N-S) e 5,70 metros (L-O), así como unha profundidade de 0,70 metros. Consérvanse varias laxes que poderían pertencer á cámara, mais están desprazadas do seu lugar orixinal.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AQ060
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Neolítico
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Asados
- Lugar: Burés
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Nalgunhas mámoas realizáronse traballos arqueolóxicos entre os anos 70 e principios dos 90. Na actualidade atópanse moi deterioradas. Algúns destes túmulos están deteriorados ou destruídos por causa da construción da pista forestal. Un deles presenta un burato de violación moi amplo, de forma que se pode apreciar a cámara.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072066)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.695298664524 , -8.7549115570976
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.