Petróglifo das Barras

Petróglifo das  Barras - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Megaliticia

Os petróglifos do Monte Pelotiña están formados por oito conxuntos situados moi preto da Autovía do Barbanza. Os motivos son principalmente, círculos, zigzag e cazoletas, sen que haxa evidencias de figuracións humanas ou animais.

Este petróglifo é quizais o mellor conservado, representando dous grandes círculos xuntos e con outros dous pequenos asemellando unha especie de órbita. A laxe mide 2,95 metros no eixo N-S e 6,90 metros no L-O. Na parte central aprécianse dous motivos: o situado máis ao sur consiste en tres círculos concéntricos de 30 centímetros con coviña central da que parte un radio que supera a liña exterior do círculo; e o situado máis ao norte conserva un dobre círculo concéntrico. Enriba deste, aparece un zigzag en sentido oeste. En toda a laxe obsérvanse unha gran cantidade de trazos identificables.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ040
  • Outras denominacións: Petróglifo Nº 3 do Monte Pelotiña
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Monte Pelotiña
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Na actualidade, non se atopa nun bo estado de conservación, e na maior parte das rochas apenas se distinguen uns pequenos buratos. A maior parte dos petróglifos non son doados de ver. Segundo a veciñanza, esa zona de monte conta con moi poucos coidados e probablemente os incendios sexan a principal causa deste deterioro.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072046)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Fotos de Rianxo

    Megaliticia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 4 do Monte da Pena

Mámoa de Mourelles

Castro de Rianxiño

Petróglifo Nº 1 de Abuín