Petróglifo Nº 4 do Monte Pelotiña

Petróglifo Nº 4 do Monte Pelotiña - Rianxo - Santa María de Asados

Os petróglifos do Monte Pelotiña están formados por oito conxuntos situados moi preto da Autovía do Barbanza.  Os motivos son principalmente, círculos, zigzag e cazoletas, sen que haxa evidencias de figuracións humanas ou animais.

Esta laxe mide 9,15 metros no eixo N-S e 5,10 metros no L-O. A súa parte noroeste está parcialmente soterrada pola vexetación. Tres diáclases divídena lonxitudinalmente, e as tres coviñas, de 5 centímetros de diámetro, atópanse na parte central.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ041
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Monte Pelotiña
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Na actualidade, non se atopa nun bo estado de conservación, e na maior parte das rochas apenas se distinguen uns pequenos buratos. A maior parte dos petróglifos non son doados de ver. Segundo a veciñanza, esa zona de monte conta con moi poucos coidados e probablemente os incendios sexan a principal causa deste deterioro.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072047)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 1 de Cuncha Vieira

Petróglifo do rego do Floxo

Petróglifo Nº 1 de Rianxiño

Petróglifo Nº 1 de Quintáns