Petróglifo Nº 1 do Monte Picoto

Petróglifo Nº 1 do Monte Picoto - Rianxo - Santa María de Isorna

Os petróglifos do Monte Picoto fórmano catro laxes con gravados, que están situadas no treito medio da ladeira sur do Monte Picoto.

Esta laxe, que está orientada ao sur, mide 3,40 metros no eixo NL-SO e 5 metros no NO-SL. Presenta unha composición consistente en dous motivos na parte O, inscríbese un dobre circulo concéntrico de 25 centímetros de diámetro, con coviña central da que parten catro liñas radiais. Á súa dereita atópase outro deseño consistente en catro círculos concéntricos de 30 centímetros de diámetro.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ047
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Monte Picoto
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072053)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 2 do Monte Pelotiña

Mámoa Nº 8 do Monte da Pena

Petróglifo do Monte Cabanas

Mámoa Nº 7 do Monte Picoto