Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Na finca pertencente a casa nº 3 da rúa Camiño Vello.

A cimentación consiste nunha repisa de cachotaría de granito de 52 centímetros de alto e con restos de cemento por riba. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con madeira e arame, aproveitados como galiñeiros. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa tamén de pedra moldurada. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra con seis fendas de ventilación. Con sobrepenas sobre os dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con uralita e por riba tella do país. Os remates son unha cruz latina alta cos extremos florenzados sobre base en escocia e esta sobre unha base cuadrangular, no penal frontal; e pináculo de formas redondeadas no lado oposto. Orientado ao NE.

No 2010, ten máis de 100 anos, xa existía cando a dona era unha nena.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO153
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Lestrobe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, a madeira foi restaurada hai poucos anos polos propietarios, e presenta partes con cemento. O entorno está moi alterado, xa que ao NW foron construídos galpóns de cemento, ladrillo e uralita.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 36)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Reboiras

Hórreo de Manselle

Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Paizal