Hórreo de Eiró

Hórreo de Eiró - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Nas aforas do núcleo, nunha finca privada situada na zona alta da aldea, preto da casa á que pertence, actualmente abandonada.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento. Non ten soportes, asentando directamente o tornarratos na repisa. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, non conservando ningún o peche de madeira, quedando á vista tan só o esqueleto de pedra. Columnas de pedra, non conservando a cornixa nin a cubrición. Os dous penais son de pedra, tendo o do extremo norte fendas de ventilación horizontais e o do sur non. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. É visible un arco de madeira encaixado nas columnas sobre o que descansaría a armazón da cubrición. Remates: cruz latina alta cos ángulos en chafrán e sobre base cuadrangular e pináculo piramidal de gran tamaño. Orientado ao NE-SW.

No 2010, os veciños din que ten moita antigüidade, máis de cen anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO134
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Eiró
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, en estado de abandono e ruinoso. Non conserva as madeiras nin a cubrición.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 84)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Bustelo

Hórreo da Devesa

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe