Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar coñecido como O Campo, nunha leira xunto á pista. Pertence á casa nº 6.

A cimentación consiste nunha repisa de cachotaría de granito de 47 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Un dos gabinetes (o leste) está pechado con madeira, cunha porta no lado norte. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa tamén de pedra moldurada. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra sen orificios de aireación. Con sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella do país. Os remates son unha cruz latina baixa con extremos florenzados sobre base en forma de escocia, que asenta á súa vez sobre unha base cuadrangular, no penal dianteiro; e pináculo piramidal no outro extremo, roto no seu extremo superior. Orientado ao NE.

No 2010, o propietario non sabe a súa cronoloxía nin posúe documentación que a determine. Sen embargo, pola súa tipoloxía poderíase pensar nunha certa antigüidade para este hórreo, quizais de principios do século XX.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO023
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Lestrobe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, a madeira está en malas condicións.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 29)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Imo

Hórreo de Tallós

Hórreo de Eiró