Hórreo de Lestrobe

Imaxe: Beatriz Pereiras
Na rúa O Soutiño, ao pé da pista, nunha leira.
Bonito exemplar de hórreo mixto de tres claros. A cimentación non é visible, sendo os soportes catro cepas de granito, traballadas na parte superior con molduras. Entre a terceira e cuarta cepa o gabinete está pechado con cemento con fendas de ventilación e unha porta de madeira no lado leste. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. No lado leste ten dúas portas de madeira (para cada propietario) no claro sur e no claro do medio. Só ten linteis no claro do sur, de pedra. Columnas de pedra e cornixa tamén de pedra moldurada. Penal frontal con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con catro fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas sobre os dous pinches, os dous de pedra. Cubrición con tella do país. Rematado nunha cruz latina na parte dianteira sobre unha basa en forma de escocia; non conserva o outro remate. Orientado ao NE.
No 2010, segundo os veciños, tería máis de cen anos.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO139
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Lestrobe
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
En bastante bo estado de conservación aínda que abandonado.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 16)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.733123018205 , -8.6685268983955
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.