Cruceiro do Laranxo

Cruceiro do Laranxo - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Nunha estrada secundaria, próxima ao patio dunha vivenda/restaurante, no cruce dun camiño coa estrada AC-305 (quilómetro 1).

Cruceiro de granito e formigón. A basa mide 0,70 metros por 0,40, o fuste 0,20 e a altura total é 3,75. O baseamento é unha plataforma cuadrangular de formigón. O pedestal é cuadrangular e unha gran falsa escocia, con partes en formigón. O varal é un fuste de sección octogonal en toda a súa lonxitude. O capitel é octogonal con cuarto bocel rematado en ábaco de lados rectos. A cruz é de sección circular. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, coas mans abertas, coroa de espiñas, pano de pureza suxeito cunha corda e INRI (pergamiño). No reverso hai unha Virxe en actitude de orar, coas mans en cruz sobre o peito e sobre peaña.

Ten máis de 100 anos, aínda que non se pode especificar a data. Os veciños  chámanlle o Cruceiro do Laranxo porque ao lado hai un bar chamado O Laranxo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER017
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: A Igrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular. A base actual é de formigón. Precisa de limpeza da pedra e adecuación da contorna.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-17)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Tomada

Pía bautismal da Igrexa de Santa María de Dodro

Cruz de Rial da Lagoa

Cruceiro de Trasdopazo