Cruceiro da Fonte do Coto

Cruceiro da Fonte do Coto - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

No cruce de dúas rúas, ao lado da escola.

Cruceiro de granito sobre unha grande pedra que na súa fronte ten un cano de auga ao xeito de fonte. Non ten pedestal. O varal é de sección cadrada en inicio e final, e octogonal ou de arestas matadas no resto. O capitel é sinxelo, cuadrangular moldurado en dous bloques. A cruz é florenzada con botón central, con chafráns nas esquinas. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado coa cabeza volteada á dereita, cartela con INRI, tres cravos e pano de pureza anoado á dereita. No reverso da cruz ten unha Virxe sobre peaña cun anxo, coas mans cruzadas sobre o peito.

No 2010, un veciño conta que foi construído hai uns 30 ou 40 anos, cun diñeiro veciñal. O cruceiro foi feito na Picaraña (Padrón). Na rocha que serve de baseamento meteron un cano para facer unha fonte coa auga que baixa do monte.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER006
  • Outras denominacións: Cruceiro de Traxeito
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Traxeito
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Boa.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-06)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Sendeiros de Dodro

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Igrexa de San Xián de Laíño

Cruceiro do Castro

Cruceiro do Soutiño

Cruceiro da Tomada