Cruceiro da Baiuca

Cruceiro da Baiuca - Catoira - Santa Baia de Oeste

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Localizado ao carón da Escola da Baiuca, trátase dun cruceiro do tipo de crucifixo sobre tres chanzos de pedra cadradas colocouse un cubo, ben traballado e con gorxa fonda, no que se finca un varal, primeiro cuadrangular e despois octogonal, alto e descendente. Na parte cuadrangular e baixa amosa diversos símbolos da Paixón de Cristo. Así, no lado esquerdo, vemos látego en forma de cordón, tenaces e martelo. Por detrás: corazón con tres cravos cravados na parte alta do mesmo, hisopo e tenaces cruzados, formando un X. Na cara dereita: coroa e escaleira de dez chanzos. A vara cóbrese por un capitel cadrado e cruz cuadrangular, lisa e sen figuras, que ten entre os brazos un reforzo en forma de sector. Pola parte dianteira e baixa da vara vese o retablo das ánimas e o caixón acoirazado para recoller as esmolas. O santo que preside o retablo é San Francisco de Asís e por debaixo del aparecen dúas ánimas collidas ao cordón que cingue o seu hábito de freire.

Trátase do segundo cruceiro máis antigo do concello entre os que amosan gravado o ano da súa feitura que aparece na base que mantén ergueito o varal, polo lado da esquerda no que se le: “AÑO DE 1788 / A DEBOCION DE / DOMINGO".

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-ER021
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1788
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: Santa Baia de Oeste
  • Lugar: A Baiuca
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_030) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Portocanles

Cruceiro da Estación

Cruceiro de Santa Baia de Oeste

Cruceiro da Peneda