Cruceiro da Estación

Cruceiro da Estación - Catoira - Santa Baia de Oeste

Imaxe: Sindo Mosteiro

Cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos e unha base ben labrada, con gorxa profunda serven de apoio a unha vara cuadrangular nos extremos, mais octogonal na súa maior parte. Capitel de catro lados curvos con flor no centro de cada un afastadas por espirais. Cruz cilíndrica, biselada nos extremos e con vultos. Por diante amosa un Cristo de tres cravos, baixo carteleira de INRI, cos brazos en ángulo, as mans pechadas, o nó do pano á súa banda dereita e o pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás, sobre ménsula circular, hai unha imaxe da Virxe do Carme.

Na parte dianteira da base unha placa de mármore incrustada na mesma lese: “RECUERDO DE D. JOSÉ Mª BUELA FIGUEIRA Y SU ESPOSA Dª CARMEN PÉREZ GÓMEZ / OESTE"-CATOIRA 1960".

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-ER022
  • Outras denominacións: Cruceiro da Capela de San Xosé Obreiro
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1960
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: Santa Baia de Oeste
  • Lugar: A Estación
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_031) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro do Busto

Cruceiro do Cemiterio de San Miguel de Catoira

Cruceiro da Peneda

Cruceiro de Punta Telleira