Cruceiro de Moure

Cruceiro de Moure - Catoira - San Miguel de Catoira

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Cruceiro do tipo de crucifixo, que ten por alicerce un só chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, na que se finca unha vara primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal descendente. Na parte baixa da vara, e pola banda da esquerda, hai gravada unha escaleira de man de sete chanzos e no mesmo lado, mais xa na sección octogonal, vemos un cáliz de pouco vulto. A vara cóbrese por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes medias e espirais nas esquinas que soporta unha cruz cilíndrica e con vultos que amosa figuras por ambas caras. Así por diante vemos un Cristo sen carteleira de INRI, cos brazos en ángulo, nó do pano á súa dereita e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás imaxe da Virxe de pé cuberta cun mantelo.

Na parte baixa da vara e pola banda esquerda está gravado o ano 1953 e na base e polo mesmo lado, en letras grandes e mouras lese que o devandito cruceiro ergueuse en “RECUERDO DE FRANCISCO MOURE (...)”.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-ER028
  • Outras denominacións: Cruceiro de Santo Agostiño
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1953
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Miguel de Catoira
  • Lugar: O Outeiriño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A pouca distancia do cruceiro anterior hai arrombada unha base antiga que soportaba unha cruz que se alzaba sobre o vello muro que pechaba a propiedade e que forma parte dun cubo bastante irregular.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_125) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Barral

Cruceiro da Gabeira Pequena

Cruceiro de Punta Telleira

Cruz do Pan