Busca

Amosando 337 - 360 de 559 resultados da busca.

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar de Té.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar da Mámoa.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Lavadoiro situado ao carón do Cruceiro da Laxe Pequena.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Cruz inserida no muro de peche dunha finca situada na rúa do Campo de Arriba. A imaxe é unha Virxe co se fillo no colo, moi semellante á do Cruceiro das Neves de Ourolo.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

O Arco da Menora era un soportal dunha casa da rúa de Abaixo, emprazado ao carón da Casa do Tarabelo, e que foi derrubado para ampliar a calzada. Xosé Camoxo Rodríguez 


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Con case 13 metros de longo, é o lavadoiro máis longo de Valga. Está integramente construído en formigón e a cuberta de fibrocemento. Emprazado na ribeira do río Valga, xunto ao Muíño da Torre.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Situado na ribeira do río Valga, xunto ao Lavadoiro da Torre. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Presenta tellado a dúas augas, coa cuberta en tella do país.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Tamén se lle coñece coa denominación de Fonte Serantes, a pía está formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Reloxo de sol localizado nun muro lateral da Igrexa de Santa Comba de Louro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Fonte acaroada a un muro de pedra no lugar de Magariños.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Situado no campo da festa, acaroado á antiga Escola de Setecoros, actual centro sociocultural da parroquia. De base rectangular, todo o palco está construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e verde. Pola fronte do palco accédese á base inferior, que era utilizada como almacén e local social.


Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil

Situado xunto á Ermida da Virxe da Saúde, é de planta rectangular e orixinalmente estaba construído en ladrillo. No ano 2021, e por demanda veciñal, foi reconvertido en local social, aínda que continúa cumprindo as funcións de escenario.


Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil

Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Brión, situado ao carón da estrada DP-3301 desde a que se accede mediante unhas escaleiras.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro construído en formigón na década nos noventa do século pasado. As pedras de lavar son de cantaría lisa, cun pequeno rebaixe cadrado para deixar o xabón. Accédese a el mediante unhas escaleiras, tamén de formigón, pois foi construído nun nivel inferior para poder aproveitar as augas da fonte.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Reloxo de sol localizado no tellado da Casa da Lagarteira de Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Carreiras é un dos lugares máis antigos do municipio. Nun outeiro e no centro dun cruzamento de vellos camiños levántase o cruceiro, que, segundo se desprende dunha das innumerables inscricións esculpidas nel, data de 1747, aínda que podería ser algo anterior. Na construción deste cruceiro investíronse 80 días.

A columna do cruceiro mide aproximadamente 4,50 metros. Até os anos 70 do século XX tiña tamén dúas pequenas cruces a ambos lados do cruceiro principal, de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular con gran chafrán. O varal ten un arranque cuadrangular e recadrado con desenvolvemento octogonal. Ten distintas figuras como a de San Lázaro sobre unha peaña, unha persoa en actitude orante (posiblemente un enfermo), e os elementos da paixón: escada, coroa de espiñas, unha man, un martelo e tenaces. Ademais hai unha espada e unha vieira. O capitel é troncopiramidal invertido…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos