Cruceiro de Carreiras

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Carreiras é un dos lugares máis antigos do municipio. Nun outeiro e no centro dun cruzamento de vellos camiños levántase o cruceiro, que, segundo se desprende dunha das innumerables inscricións esculpidas nel, data de 1747, aínda que podería ser algo anterior. Na construción deste cruceiro investíronse 80 días.
A columna do cruceiro mide aproximadamente 4,50 metros. Até os anos 70 do século XX tiña tamén dúas pequenas cruces a ambos lados do cruceiro principal, de leste a oeste, das que soamente queda a principal. O retablo propiamente dito ten ao poñente a imaxe do Redentor, coa representación da Paixón e a figura de San Antón á súa esquerda. Polo nacente atópase a Raíña dos Anxos, que é a patroa do lugar. A festa na súa honra celébrase o 9 de xaneiro. Nunha das catro escalinatas de estilóbata figura un nome, posiblemente do patrocinador ou construtor do cruceiro. A columna está chea de sinais e frases máis ou menos lexibles, como “S conced 80 días de yn”, para cantos rezasen unha Salva ante o cruceiro. Do capitel, curiosamente traballado con figuras, anxos e símbolos, colgaba antigamente un farol que atendía á veciñanza.
O cruceiro foi pintado e retocado no 1867, posto que daquela frecuente o policromado desta clase de monumentos, “a deboción de Clemente Jamardo”, veciño do lugar.
No ano 2020 realizáronse traballos de restauración no cruceiro, deixando ao descuberto unha característica singular: había restos de policromía nas imaxes, e o máis peculiar: vestixios de ouro nesa pintura. A policromía dourada era habitual na arquitectura e escultura eclesiástica polo poder adquisitivo da Igrexa, mais nos cruceiros é inusual, así que a explicación ten que ver co mecenas que doou a cruz. Arredor da base do cruceiro había unhas xardineiras que se eliminaron. Ao retiralas, os restauradores fixeron outro achado: restos de pavimento enlousado que, probablemente, tamén estará debaixo das capas de formigón que rodean a contorna do cruceiro.
- INFORMACIÓN
- Código: PO-ER001
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Elementos relixiosos
- Cronoloxía: 1747
- Concello: Pontecesures
- Parroquia: San Xulián de Requeixo
- Lugar: Carreiras
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (PO H)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
- Referencias:
Atopan restos de ouro na policromía dun cruceiro en Pontecesures | G24.gal
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.7176737768 , -8.6479952599
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.