Busca
Se algún centro hai da cartografía rosaliana, aquí en Padrón estamos nel. A estatua de Rosalía do Paseo do Espolón é obra do compostelán José María Mateos, discípulo de Asorey, e inaugurouse o 23 de abril de 1957, luns de Pascua. Todo se arremuíña arredor desta escultura sufragada polos galegos da emigración que tantas veces axudaron á escritora. Este Sar que hoxe “baixa…
Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil
Desaparecido paso a nivel que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía) e Cornes (Santiago). En outubro de 1924 Ruth Matilda Anderson, camiño da que fora a casa de Rosalía de Castro, cruzou o paso a nivel de Iria Flavia, retratando á gardabarreiras.
A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848,…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro e cuberta acabada con tella curva, localizado na contorna do Santuario da Escravitude.
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro. Cuberta acabada con tella curva.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Forma parte do conxunto de edificacións do Pazo do Vilar. Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro, con muros en pedra. e cuberta acabada con tella curva.
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro e cuberta acabada con tella curva.
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro, con muros en pedra. e cuberta acabada con tella curva.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Atracción que se instalou en Padrón no 1938, na que varias xeración seguen desfrutando desde entón. Trátase dun dos carruseis máis antigos de Galicia.
Evilasio Hernáiz veu co seu tío a Galicia, procedente de Burgos, para ir ás feiras co seu carrusel. Chegou en tempos da guerra para vivir a súa primeira Pascua no ano 1938. Cada tempada estaban, primeiro, nas festas da Pascua; despois o San Marcos de Noia; a Ascensión de Santiago; o Corpus de Redondela e Ourense; o…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Ponte cunha estrutura metálica que cruza o río Ulla ao carón das Pesqueiras da Canle. Até a construción desta ponte, o único medio para cruzar o río neste punto era usando o paso de barcas de Herbón.
Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil
Pombal que forma parte do conxunto de edificacións da Casa dos Cóengos.