Busca

Amosando 265 - 288 de 1122 resultados da busca.

No 1919, era alcalde de Rianxo Manuel Pérez (baixo as ordes do cacique Manuel Viturro, secretario da Comisión Provincial). Ese ano, o pai de Castelao, Mariano Rodríguez, construíu, sen solicitar autorización municipal, a graneira que aínda se conserva neste lugar, na Fincheira.

Viturro, liberal e inimigo acérrimo do pai de Castelao (de tendencia conservadora e que fora…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Ángel Baltar construíu na Praia de Tanxil un porto de abrigo, feito integramente en pedra e situado nunha cova natura ao pé da praia. Construído para o uso particular do propietario do Pazo dos Baltar, mais tamén para o beneficio da clase mariñeira, posto…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

É o peirao máis antigo do concello, data de mediados do século XIX, aínda que a traza actual é de comezos do XX. Foi en 1903 cando se lle adxudicaron as obras da súa reparación e ampliación a Ramón Fernández García, de Cespón, pai do que será un grande amigo de Castelao, compañeiro na Facultade de Medicina e na tuna de Santiago: Ramón Fernández Mato. Foi el o encargado de presentar a Castelao e a Eduardo Dieste, en 1911, nunhas…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada na aldea Abuín, de planta circular.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Reloxo de sol no lugar do Castriño, no cumio do tellado dunha vivenda.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol na fachada dunha vivenda no lugar de Té.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar de Té.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pasos que atravesan o río Sar, entre Cambelas (Padrón) e Seira (Rois), ao carón dunhas inutilizadas infraestruturas de regadío.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar da Mámoa.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Hórreo na rúa do Campo de Arriba, situado nunha finca detrás da Casa do Concello de Rianxo.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Inquisición.


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Hórreo no lugar de Asadelos.


Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos

Antes da construción da Ponte de Sinde, que uniría as parroquias de San Pedro de Carcacía (Padrón) e San Miguel de Barcala (A Estrada), o medio máis rápido para cruzar o río Ulla desde a aldea de Bandín até o resto da parroquia de Carcacía era o uso de barcas guiadas cunha corda (maroma). Na beira do río en Bandín e na área recreativa do Areeiro aínda se…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Obra civil

Antes da construción da Ponte da Barca, que uniría a totalidade da parroquia de Santa María de Herbón, o medio máis rápido para cruzar o río Ulla desde a aldea da Barca até o resto da parroquia de Herbón era o uso de barcas guiadas cunha corda (maroma). 


Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil

O Arco da Menora era un soportal dunha casa da rúa de Abaixo, emprazado ao carón da Casa do Tarabelo, e que foi derrubado para ampliar a calzada. Xosé Camoxo Rodríguez 


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Pedreda.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Esta ponte formaba parte do trazado orixinal polo que discorría o ferrocarril Santiago-Carril e foi construída para salvar o río do Manzanillo, tamén coñecido cos nomes de río Angueira ou río de Bascuas. Por esta ponte xa non circulan os trens despois da construción das novas vías de alta velocidade ferroviaria a poucos metros das antigas.

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848,…


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Torre do Monte.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Reloxo de sol localizado no tellado da Casa da Lagarteira de Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

No límite dos concellos de Padrón e Rois, sobre o río Sar.


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Antiga ponte que foi finalmente derrubada por unha riada a finais dos anos 60 do século XX, nunha madrugada de sábado para domingo. Esta xa se atopaba danada por outra inundación, aínda que non caera de todo. Foi dinamitado polo exército para acabar de derrubala. A súa contorna era o sitio de baño de moitos rapaces de Padrón. Era igual á antiga Ponte de Iria, polo que ambas eran coñecidas polas xemelgas.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Derrubado por unha riada, era igual á Ponte do Bordel, polo que ambas eran coñecidas polas xemelgas.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro e cuberta acabada con tella curva.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Obra civil