Paso de barcas de Carcacía

 Paso de barcas de Carcacía - Padrón - San Pedro de Carcacía

Imaxe: Dubardu Hughes

Antes da construción da Ponte de Sinde, que uniría as parroquias de San Pedro de Carcacía (Padrón) e San Miguel de Barcala (A Estrada), o medio máis rápido para cruzar o río Ulla desde a aldea de Bandín até o resto da parroquia de Carcacía era o uso de barcas guiadas cunha corda (maroma). Na beira do río en Bandín e na área recreativa do Areeiro aínda se conservan algunhas das pedras (turros) que se usaban como amarre e guía destas cordas.

Este método usábase para o transporte de persoas, mercadorías e incluso para levar aos mortos de Bandín ao cemiterio de Carcacía. Hai que ter en conta que no meses de inverno era moi complicado cruzar o río en barca coa caixa do morto, e incluso houbo ocasións que esta ten caído ao río. Para evitar isto e por petición dos veciños, a aldea de Badín pasou a depender eclesialmente da parroquia de San Miguel de Barcala (A Estrada), aínda que administrativamente pertenza a San Pedro de Carcacía (Padrón).

Existían outros pasos con barca para cruzar o río Ulla en Vedra, Teo ou A Barca (Herbón - Padrón).

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Reloxo de sol Nº 2 do Santuario da Escravitude

Paso a nivel de Iria

Palco da música de Herbón

Ponte de Iria