Busca
Cruceiro e da tipoloxía de crucifixo e peto de ánimas situado sobre o camiño principal de Ourolo.
O cruceiro nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cadrada e moldurada dá paso a un varal de sección octogonal que destaca por ter no seu inicio as imaxes de Adán e Eva coa Serpe. Máis arriba o capitel, con volutas e rostros de querubíns. Finalmente a cruz, de…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Conxunto de cruceiro da tipoloxía de crucifixo e peto de ánimas, localizados nunha finca particular que dá fronte á estrada de Taragoña, ao sur de Cuvide.
Plataforma de tres chanzos e base cadrada con toro e escocias. Fuste octogonal con imaxes no extremo inferior e capitel decorado con volutas e rostros de querubíns. Cruz de remate de sección circular e aspecto leñoso…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro do que tan só se conserva a base de granito, situado nunha leira na marxe norte da estrada de Fachán, xunto ao cruce do Burato.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado á beira dun camiño que discorre paralelo á estrada principal, da tipoloxía de crucifixo.
Pequena base coas arestas rematadas en chafrán. A continuación, un varal que no arranque é cadrado e continúa en sección cilíndrica. O seu capitel está decorado con rostros de anxos e caveiras. O conxunto conclúe nunha cruz de sección cadrada con…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado nun extremo detrás da Igrexa de San Salvador de Taragoña, da tipoloxía de crucifixo.
Plataforma de tres chanzos cadrados. A súa base cúbica moldurada soporta un varal de sección cadrada nos extremos e octogonal no centro. A…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Parte saínte da costa preto da Praia do Tronco.
Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais
Pequeno illote de rochas fronte á Praia do Castiñeiro.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais
Entrante da Ría de Arousa en Rianxo que serve de abrigo ás embarcacións.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais
Pombal no interior dunha finca en pendente, situada ao norte do Monte da Dorna. Planta circular de muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira que se prolonga sobre os ocos de acceso das pombas. Cornixa e asoleirado perimetral de lousas de granito.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Pombal no interior dunha finca situada na aldea do Monte de Dorna. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Pombal no interior dunha finca situada na aldea da Laxe. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Cruceiro localizado nunha finca particular, sobre a marxe leste dun camiño perpendicular á estrada de Fachán, da tipoloxía de crucifixo.
Fuste de sección cadrada apoiado directamente no terreo con capitel prismático e moldura superior, decorado con baixorrelevos e rostros de anxo. Cruz sinxela de sección cadrada coa imaxe dun cristo no anverso e unha virxe no reverso.…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado á beira do camiño que une os núcleos de Outeiro e Chorente, da tipoloxía de crucifixo.
Plataforma de tres chanzos e base prismática con remate circular sobre a que se ergue un fuste cilíndrico con sección cadrada no extremo inferior. Capitel decorado con volutas e rostros de anxos, sobre o que apoia unha cruz de sección cadrada, coa imaxe dun…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado á beira dun camiño que discorre paralelo á estrada principal, da tipoloxía de crucifixo.
Plataforma composta por un chanzo cadrado. A súa base cúbica, coas arestas rematadas en chafrán, dá paso a un varal de sección cilíndrica. A continuación o capitel tipo xónico con caras de anxos. O conxunto conclúe nunha cruz de sección cadrada e os…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado ao sur de Fonte Susán, xunto ao acceso a unha parcela privada, da tipoloxía de crucifixo.
Plataforma dun chanzo e base prismática con toro e escocia, sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección cadrada nos extremos. Capitel troncopiramidal inverso decorado con motivos vexetais e rostros de anxos, que sostén unha cruz de sección cadrada…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
A Enseada de Beluso está formada pola desembocadura do río Beluso e o río Brea.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais
Extensión de area cunha lonxitude duns 165 metros, localizada entre a Punta de Iñobre e a Praia da Torre.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais
Pombal situado nunha finca particular nun extremo de Chorente. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Asoleirado perimetral na parte central, baixo os ocos de acceso das pombas.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Pequeno porto pesqueiro situado na parroquia de Taragoña. Ten un longo peirao (130 metros) e a Praia do Porto ao seu carón.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Cruceiro de granito situado ao leste de Fonte Susán, da tipoloxía de crucifixo.
Plataforma composta por tres chanzos e base cadrada coas arestas ahafranadas sobre o que se ergue un fuste octogonal, cunha imaxe nun lateral. Capitel troncopiramidal inverso decorado con motivos vexetais e cruz superior de sección cadrada con remates nos extremos e a imaxe dunha Virxe.…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado nunha finca privada xunto ao centro médico de Fachán, da tipoloxía de crucifixo.
Plataforma de dous chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste octogonal. Capitel cúbico con baixorelevos nas caras e remates superior e inferior, que sostén unha cruz de sección cadrada coa imaxe dun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado no cruce de acceso a Cartomil desde a estrada principal, da tipoloxía de crucifixo. Está situado no interior dunha propiedade privada.
Base moldurada. O seu varal, cadrado no inicio e cilíndrico no resto, dá paso a un capitel decorado con volutas e rostros de anxos. O conxunto remata nunha cruz florenzada na que aparece a imaxe de Cristo…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado á beira da estrada principal de Pastoriza, da tipoloxía de capeliña.
Plataforma feita con perpiaños graníticos. A continuación un chanzo de sección cadrada. O groso varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe unha inscrición moi erosionada na que aínda se pode ler o ano da súa feitura: “1636”. Onde acaban os rebaixes superiores…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
Cruceiro da tipoloxía de capeliña ou loreto no lugar da Laxe Pequena.
O conxunto érguese sobre unha laxe de pedra parcialmente asfaltada en época recente. Consta dunha plataforma de tres chanzos sobre a que apoia un varal dunha soa peza de arestas rebaixadas, decorado con catro cunchas nos remates superiores dos chafráns. Capeliña con base tronco piramidal inversa e…