Cruceiro de Outeiro

Cruceiro de Outeiro - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Celso Suárez

Cruceiro de granito situado á beira do camiño que une os núcleos de Outeiro e Chorente, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma de tres chanzos e base prismática con remate circular sobre a que se ergue un fuste cilíndrico con sección cadrada no extremo inferior. Capitel decorado con volutas e rostros de anxos, sobre o que apoia unha cruz de sección cadrada, coa imaxe dun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER116
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Outeiro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-103)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Vía crucis do Calvario

Cruceiro Nº 2 de Traba

Cruceiro das Barreiras

Cruceiro do Costado