Cruceiro de Vilariños

Cruceiro de Vilariños - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Cruceiro de granito situado á beira da estrada principal de Pastoriza, da tipoloxía de capeliña.

Plataforma feita con perpiaños graníticos. A continuación un chanzo de sección cadrada. O groso varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe unha inscrición moi erosionada na que aínda se pode ler o ano da súa feitura: “1636”. Onde acaban os rebaixes superiores ten esculpidas dúas caras nos dous dianteiros e dúas cunchas de vieira nos traseiros. O capitel ten catro lados, un deles decorado cun anxo coas ás abertas. O conxunto remata nunha capela con fornela cadrada e tellado plano e cuberta a catro augas con cruz pétrea de remate. As paredes da capela son do ano 1993 (ano da súa reconstrución) e aparecen decoradas con botóns. A cruz de remate posúe as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe das Dores sobre unha peaña no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER110
  • Outras denominacións: Cruceiro Nº 2 de Pastoriza
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1636
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Pastoriza
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-097)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Outeiro

Cruceiro de Barreira

Cruceiro do Souto

Cruceiro da Rocha