Cruceiro de Cartomil

Cruceiro de Cartomil - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Óscar Franco

Cruceiro de granito situado no cruce de acceso a Cartomil desde a estrada principal, da tipoloxía de crucifixo. Está situado no interior dunha propiedade privada.

Base moldurada. O seu varal, cadrado no inicio e cilíndrico no resto, dá paso a un capitel decorado con volutas e rostros de anxos. O conxunto remata nunha cruz florenzada na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña con forma de rostro no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER111
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Cartomil
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-098)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz do Pazo

Cruz da Igrexa de Santa María de Leiro

Cruceiro Vello de Asadelos

Cruceiro de Cerqueiras