Busca
Traída de auga que chegaba ao Pazo do Marqués de Bendaña a través dunha longa canle labrada en pedra duns 400 metros de lonxitude.
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga
Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Fonte e lavadoiro no lugar da Medela.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar do Campo.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Beiro, a poucos metros da Igrexa Vella.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte no lugar que dá nome a esta fonte, onde a auga abrolla por un cano de pedra.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Teaio, con pedras de lavar e pía. Cuberta de tella curva sobre armazón de madeira, apoiada en columnas de pedra.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
No lugar coñecido como A Tomada, xunto as aldeas de arriba, na parroquia de San Xián de Laíño. Ao pé da estrada Laíño-Rois.
Cruceiro de granito (plataforma e basa) e cemento (varal e cruz). A base mide 3,15 metros. O baseamento é cuadrangular con catro graos de pedra. O pedestal é cuadrangular, remata cunha roda moldurada e paramentos recadrados, de granito. O varal é…
Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos
O Muíño Didáctico de Campaña emprázase no lugar do Souto, na marxe do río Valga.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga
Lavadoiro no lugar de Fontenlo, á beira do Camiño Portugués, restaurado no ano 2020.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na actualidade forma parte do muro de peche dunha finca do núcleo, ao longo da estrada AC-307. Ao lado do solar nº 4 da Rúa Fortunato Cruces.
Cruceiro de granito e metal (a cruz). Non ten baseamento. O pedestal é cuadrangular cos ángulos superiores chafranados. O varal é de sección octogonal, moi erosionado. Non conserva o capitel. A cruz é de ferro, latina, cravada no…
Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos
Presa construída en pedra no leito do río Valga, próxima ao Muíño do Naval.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Presa construída en pedra no leito do río Valga. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Muíño de Lamas.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira leste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, totalmente derruído.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Antigo pozo de rega no lugar de Traxeito. No libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, Manuel Lorenzo Baleirón fala dos pozos de Dodro do xeito que segue.
Na nosa toponimia os pozos son tamén presas, construcións artificiais para empozar as augas pluviais e as dos mananciais, a fin de…
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte natural nas aforas do lugar de Rialiño.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Pedra indicadora dos quilómetros das estradas, actualmente usada como fonte.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de da cuberta en fibrocemento.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas.