Cruceiro de Lestrobe

Cruceiro de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Na actualidade forma parte do muro de peche dunha finca do núcleo, ao longo da estrada AC-307. Ao lado do solar nº 4 da Rúa Fortunato Cruces.

Cruceiro de granito e metal (a cruz). Non ten baseamento. O pedestal é cuadrangular cos ángulos superiores chafranados. O varal é de sección octogonal, moi erosionado. Non conserva o capitel. A cruz é de ferro, latina, cravada no fuste.

Seguramente se trate dun cruceiro reaproveitado para a construción dun peche dunha finca. Descoñécese a súa orixe e a súa cronoloxía.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER034
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Lestrobe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, consérvase só en parte (o pedestal e parte do fuste).

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro do Naval

Cruceiro da Paxareira

Cruceiro de Lestrobe

Cruceiro de Manselle