Fonte do Revixón

Fonte do Revixón - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Antigo pozo de rega no lugar de Traxeito. No libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, Manuel Lorenzo Baleirón fala dos pozos de Dodro do xeito que segue.

Na nosa toponimia os pozos son tamén presas, construcións artificiais para empozar as augas pluviais e as dos mananciais, a fin de conducilas ás vivendas ou para a rega dos agros de millo. Coa do Pozo dos Viturros, no Rueiro, regábanse no vran as leiras de Tarrío e de Eiró. Había pozos para o millo por case todas estas aldeas. O Pozo de Verniz e O Pozo de Castro estaban arriba desta aldea. Os de Bexo regaban desde O Pozo do Rial ou desde O Pozo de Sinxeiras, os de Imo no Pozo Buguiño (quizais da familia de bugallo, do lat. BACA, ‘baga’ e GALLEA, ‘agállara’, ás que nós chamamos “cócos”), os de Teaio tíñanos nos pozos de Portarribó (de RIVUS BONUS), Fontebarrosa ou Carballós, os de Traxeito estaban no Pozo de Anterregos e no de Revixón e os de Manselle nos pozos de Enterregos.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte de Imo

Fonte e lavadoiro de Sar

Fonte do Pazo do Marqués de Bendaña

Fonte Mimoseira